Como xa anunciabamos en entradas anteriores, o 27 deste mes xuntámonos na biblioteca para conmemorar esta data DÍA MUNDIAL do TEATRO. O alumnado que voluntariamente se apuntou, leu o termo do dicionario que elaborou coa súa familia e logo vimos o vídeo das recomendacións teatrais.
O dicionario pasou a formar parte dos fondos bibliográficos de BIBLIOCERVO,onde está á vosa disposición para consultar. Léndoo podemos aprender moito sobre o TEATRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario