Recentemente fixemos unha saída a Lugo para visitar o Museo Provincial, a Biblioteca Pública e a Fortaleza de San Paio de Narla.Todas as actividades nos gustaron moito, pero especialmente a visita á Biblioteca Pública , porque aínda que estamos afeitos a traballar na nosa, a facer os préstamos, colocar os libros, etc. Esta biblioteca é moi grande! Ensináronnos unha sa especial, a Montenegro, onde tiñan un cartel da festa do Ovo frito de Cervo, xa que entre os seus fondos tamén contan con este tipo de materiais. Chamounos a atención que co carné de lectores pódese facer préstamo de libros dixitais e de películas, ademais de libros e gustounos moito a sala dos cómics e das películas.
No Museo Provincial vimos varias estancias: a cociña, o claustro onde están os reloxos de sol, a sala onde se atopa o torques de Burela,etc.
Tamén fixemos unha breve visita ao Centro de Interpretación da Muralla, ubicado nun edificio do século XVIII e a Casa dos Mosaicos, onde vimos os restos dunha "domus" ou casa romana cun sistema de calefacción por aire quente coñecido co nome de " hipocaustum"
Para rematar esta intensa xornada, desprazámonos ata San Paio de Narla no concello de Friol, onde visitamos o Museo Etnográfico na súa fortaleza: ferramentas agrícolas, diversos obxectos de equitación, para tecer a la, obxectos artísticos, menaxe doméstico...E aínda que chovía bastante, atrevémonos a subir á torre para contemplar unhas fermosas vistas do pobo. Lástima que como chovía tivemos que baixar rápido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario