10 may 2019

CORRELINGUA 2019-RIBADEO



Un ano máis participamos no CORRELINGUA, este vez en Ribadeo. Baixo o lema "O GALEGO É A FÓRMULA", fixemos o percorrido en compañía duns 2000 estudantes de A Mariña.  Partimos da Illa Pancha pasando pola estrada do faro, Calvo Sotelo, rúas San Roque e Virxe do Camiño, avenida de Galicia, rúas Reinante e Vilafranca do Bierzo, ata Cantón dos Moreno. Aquí tivo lugar a lectura do manifesto"Temos química coa nosa lingua".
Mentres os maiores andabamos, os pequenos  asistiron ao concerto de Paco Nogueira.
O Correlingua está organizado por  CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística.


No hay comentarios: