14 may. 2019

PUCA QUERE SABER SOBRE... ANTÓN FRAGUAS


Xa estamos na Semana das Letras Galegas, e Puca está moi intrigada... Quen é Antón Fraguas?
Ela xa sabe que é o escritor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, pero que saber moito máis!
Para iso preparou un divertidísimo PUCA QUERE SABER no que poderemos aprender moitas cousas sobre a súa vida e obra, a través do traballo cos escornabots.
En bibliocervo xa están dispoñibles 5 xogos cos seus taboleiros temáticos de Antón Fraguas. Están tamén os materiais para todos os xogos e unhas instrucións de uso para que non teñades ningunha dúbida.
Aquí vos deixamos os PDF con toda a información necesaria para xogar. 
Canto aprendemos xogos escornabóticos, neste enlace de Twitter tedes un vídeo do alumnado de 5º e 6º empregando este material:
https://twitter.com/CEIP_de_CERVO/status/1128669171909312512Ademais na entrada na escola, ao ladiño do Recuncho Erasmus e da exposición da Microrrede da Mariña que leva como título "A poesía que sentimos. Poesía Inclusiva", podedes ver a LIÑA TEMPORAL BIBLIOGRÁFICA que estivemos elaborando entre todos os cursos de primaria... Moito escribiu Antón Fraguas, case quedamos sen espazo para poñer todos os seus escritos.





Por último tamén queremos dar as grazas ao ANPA que nos fixo brincar co grupo FOLES DE VIVEIRO , que puxo o broche musical a un día moi especial, o día das nosas letrs, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!



No hay comentarios: