18 dic 2019

A NOSA " PEGADA DO FUTURO"

Non podemos agardar a que a esta orixinal creación seque  de todo para mostrárvola, tiñamos moitas ganas de compartir con todos vós  a obra colectiva que as nenas e nenos de 3º e 4º curso fixeron no Día Internacional dos Migrantes, celebrado hoxe, o 18 de decembro a proposta da ONU.
Para chegar a este produto final, primeiro Silvia Fiallega Lorenzo , auxiliar da Rede Museística Provincial de Lugo e a artista Violeta Bernardo introduciron o tema das migracións preguntando ao alumnado si coñecían a algún migrante e, falando falando...chegouse a conclusión de que todos tiñamos amigos, coñecidos ou familiares migrantes. 
Falouse dos seus dereitos, se tiñan os  mesmos que as demais persoas, reflexionouse sobre as declaracións do Secretario Xeral da ONU, Antonio Guterres:
"Todos os migrantes teñen dereito a unha protección igualitaria de todos os seus dereitos humanos. Neste Día Internacional, insto aos líderes e ás persoas de todo o mundo a dar vida ao Pacto Mundial para que a migración funcione para todos."
Unha vez sensibilizados co tema, empezou a fase creativa. Cada neno ou nena fixo en arxila unha cabeza representando a eses migrantes anónimos, antigos familiares que lembraron neste día.
Con todas as obras, Violeta  compuxo esta PEGADA DO FUTURO, a nosa obra colectiva.
En agradecemento, as nenas e nenos agasallaron a Silvia e a Violeta cun libro de debuxos sobre o Museo do Mar de San Cibrao e unha chapa de Puca, ademais das moitas apertas que lles deron!
Unha vez máis, Grazas por estar con nós neste día, porque aprendemos xuntos, xogamos xuntos, vivimos xuntos...Ese é o significado deste DÍA!


No hay comentarios: