As clases de 3º e 4º de Ed. Primaria hoxe participaron nun obradoiro impartido pola artista Violeta Bernardo, baixo o título PEGADAS DE FUTURO. Esta actividade está incluída no programa do "Día Internacional da Migración" que se celebra hoxe, e dentro das Xornadas Cultura en Diálogo que promove a Rede Museística da Deputación de Lugo.
O alumnado creou unha obra colectiva baixo a supervisión da artista Violeta Bernardo, empregando a técnica de modelado. Estamos desexando que esta creación seque para poder ensinarlla ao resto dos nenos e nenas do colexio, nun lugar visible para todos!
Gracias a Violeta Bernardo e a Silvia Fiallega Lorenzo por acompañarnos nesta xornada e facernos reflexionar sobre a migración, na que chegamos a conclusión de que todos somos MIGRANTES!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario