A semana pasada os cursos de 5º e 6º tiveron unha charla a cargo de Ramón Peña Pérez,
formador da Guardia Civil de Lugo, dentro do Plan Director da Guardia Civil. Faloulles da seguridade na internet, suplantación de identidade, o ciberengado de menores ou grooming, xestión da privacidade en redes e xogos, consellos para previr riscos, etc.
Polo que contaron as nenas e nenos , foi unha charla super interesante, onde lles ensinaron a ter moito coidado cando se conectan en internet!
No hay comentarios:
Publicar un comentario