3 feb 2020

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA. Ao longo da semana xa montamos a exposición de fondos bibliográficos relacionados coa paz, os valores, a convivencia, a xustiza, etc. e cada día nos saudamos dunha maneira diferente segundo unhas consignas que Puca nos mandou. 
O xoves, Día da Paz, viñemos caracterizados de hippies para lembrar esta cultura que predicaba a paz e o amor como filosofía de vida; o alumnado axudante da biblioteca leu un manifesto pola paz; tivemos unha xuntanza para cantar todos xuntos a canción "Ven conmigo" do grupo María Fumaça e fixemos un mural colectivo con palabras relacionadas coa paz, a xustiza, os valores, en xeral. 
Para finalizar, o alumnado levará un folleto de lectura recomendadas para as familias. Agardamos que sexan de utilidade!


No hay comentarios: