28 oct 2020

CHEGOU O CORREO ÁS AULAS CUNHA MANCHEA DE NOVAS!

 

 

Este curso a carta de PUCA fíxose esperar, pero finalmente chegou aos nosos buzóns! 

 A través dela informounos de todas as actividades que tiña argallado para os meses de OUTUBRO E NOVEMBRO, para as cales precisa da nosa axuda. 

Dalgunhas cousiñas xa nos falaran  as súas axudantes, pero ela sempre nos trae NOVAS PROPOSTAS! Aquí a tedes, por si queredes volver a lela! 

 

 


Ademais tamén nos achegou un novo proxecto do máis emocionante! Que vos parece convertirvos en BOOKTUBERS? Lede o documento que tedes a continuación e animádevos a participar! 

 

 

 

Por último queremos recordarvos que si alguén da vosa familia: nai, pai, irmán, avó, avoa... quere facerse socio da nosa biblio, só ten que mandar cuberto o seguinte impreso a bibliocervo.2@gmail.com 

Unha vez que teñades o voso carné de lector/lectora poderedes levar libros en préstamo para as vosas casas!  Este curso as peticións de libros faranse tamén a través dese mesmo correo e prepararemos as vosas lecturas con moito cariño e ilusión! 

Para saber que libro vos interesa só tedes que consultar o catálogo online da nosa biblioteca. Atoparedes a ligazón neste mesmo blog, pinchando na seguinte icona:

                                                         




 

No hay comentarios: