O 24 de outubro, como cada ano dende 1997, conmemorouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Nesta edición baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" e "que se centra en destacar o importante papel que teñen as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento. Trátase tamén de pór en valor a súa capacidade para seguir ofrecendo os seus servizos en circunstancias difíciles como a crise na que nos atopamos, incluso dende as casas".
Á súa vez dende as bibliotecas escolares de Galicia achégannos o lema "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR" (Bea Lema), que "quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón". Blog das Bibliotecas Escolares de Galicia
Nesta ocasión coincideu en sábado, pero non quixemos deixar de celebralo no cole! Só que... NON NOS CHEGOU UN DÍA!
Que mellor maneira de facelo que:
1. Presentando a nova profesión de Puca!
2. Achegando novos libros e recursos para que gocedes aprendendo!
3. Organizando sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS, descubrindo os ITINERARIOS LECTORES e probando os novos recursos e recantos!
4. Xogando a crear historias de medo, adaptacións de libros do Samaín e creando coas cores da natureza e do outono!
Un sinfín de actividades para unha tempada tan especial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario