21 nov 2020

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER: INFORMACIÓN E RECURSOS

 

No noso colexio, cada 25 de novembro sumámonos á conmemoración  do Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller coa finalidade de poñer fin a esta outra PANDEMIA que nos asola e na que cremos que, como educadores e educadoras, podemos aportar o noso gran de area. 


Actualmente, está no orde do día de calquera medio de comunicación a problemática da violencia de xénero, escoitando e lendo diferentes casos a diario e que non son axenos ao noso alumnado, posto que el@s teñen acceso a multitude de información. Neste senso, a educación é a mellor ferramenta posible para cambiar esta situación e crear entre todos unha mellor sociedade onde os nosos pequenos serán adultos con plena igualdade de xénero. Así aparece recollido nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030, que tedes a continuación.