Como sabedes, dentro do PLAN ANUAL DE LECTURA, setembro foi o o EUROPEAN MONTH e o MES DE ROALD DAHL. Así, dende o comezo de curso, dentro da área de Lingua Estranxeira, estivemos a profundar na literatura deste autor; especialmente a través do libro de "The Witches" co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Aproveitamos tamén para relacionalo coa situación actual que estamos a vivir, ampliar vocabulario arredor deste tema e como medio de canalización e autocoñecemento das nosas emocións.
Os nenos e nenas do noso cole saben que as bruxas, sobre todo a GRAN BRUXA, ten unha maneira moi particular de expresarse e falar. Desta maneira, despois de aprender moitas cousas sobre o Coronavirus en lingua estranxeira, déronse conta de que as bruxas, igual que el@s; esto do "Corononavirus" tenas que estar fastidiando un montón!
Xa sabedes... non poder facer aquelarres (polos límites nas reunións), logo os nenos e nenas non andan por aí libremente ( e polo tanto é máis difícil atopalos e convertilos en ratos)... En fin... TODO UN CONTRATEMPO TAMÉN PARA ELAS!
Os traballos que tedes a continuación mostran o enfado e a rabia das bruxas cara o Coronavirus, imitando esa fala tan característica da Gran Bruxa. Esperamos que vos gusten!
Animámosvos a ler estes libros e tamén a ver as adaptacións cinematográficas que se fixeron sobre eles! SEGURO QUE O DISFRUTADES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario