Nesta ocasión quero mostrarvos algún exemplo de actividades súper divertidas que fan os nenos e nenas do colexio a través das cales aprenden case sen decatarse!
O importante é a creatividade e a ilusión que lle poñen a calquera novo reto ao que se enfrontan, estamos moi orgullosos e orgullosas de cada un de vós e das vosas ganas de gozar do mundo que vos rodea e das aprendizaxes que vos ofrece o día a día!
A primeira das ACTIVIDADES que vos imos mostrar foi un OBRADOIRO DE LETTERING, da man de @nacu, graduada en Deseño gráfico na escola das Artes e Oficios Pablo Picasso, en A Coruña e que comezou a traballar como deseñadora gráfica incluíndo posteriormente a fotografía e o retoque fotográfico. Máis tarde especializouse en caligrafía e hoxe por hoxe esto constitúe para ela toda unha paixón ademáis da súa profesión.
Aos nenos e nenas encantoulles e estamos desexando saber máis e por suposto... PRACTICAR!
A segunda das ACTIVIDADES que vos queren mostrar, neste caso os meus compañeiros e compañeiras de 3º de primaria, é un xoguiño matemático baseado no coñecido AFUNDIR A FLOTA! Veredes que así traballar as matemáticas resulta moito máis divertido!
A terceira e cuarta das ACTIVIDADES que vos imos mostrar polo día de hoxe foron dous OBRADOIROS CREATIVOS guiados por PABLO OTERO e cos que o alumnado de 1º e 3º de Primaria tiveron a oportunidade de gozar e aprender á vez. Grazas por todo, Pablo!
E xa por último aquí tedes algúns dos avances do noso alumnado no UNIVERSO DIGICRAFT!
1 comentario:
😲😲😲😍👏👏👏
Publicar un comentario