25 feb 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: APRENDER, QUE DIVERTIDO É!

 

Nesta ocasión quero mostrarvos algún exemplo de actividades súper divertidas que fan os nenos e nenas do colexio a través das cales aprenden case sen decatarse! 

O importante é a creatividade e a ilusión que lle poñen a calquera novo reto ao que se enfrontan, estamos moi orgullosos e orgullosas de cada un de vós e das vosas ganas de gozar do mundo que vos rodea  e das aprendizaxes que vos ofrece o día a día! 

A primeira das ACTIVIDADES que vos imos mostrar foi un OBRADOIRO DE LETTERING, da man de @nacu, graduada en Deseño gráfico na escola das Artes e Oficios Pablo Picasso, en A Coruña e que comezou a traballar como deseñadora gráfica incluíndo posteriormente a fotografía e o retoque fotográfico. Máis tarde especializouse en caligrafía e hoxe por hoxe esto constitúe para ela toda unha paixón ademáis da súa profesión.   

Aos nenos e nenas encantoulles e estamos desexando saber máis e por suposto... PRACTICAR! 






A segunda das ACTIVIDADES que vos queren mostrar, neste caso os meus compañeiros e compañeiras de 3º de primaria,  é un xoguiño matemático baseado no coñecido AFUNDIR A FLOTA! Veredes que así traballar as matemáticas resulta moito máis divertido!



A terceira e cuarta das ACTIVIDADES que vos imos mostrar polo día de hoxe foron dous OBRADOIROS CREATIVOS guiados por PABLO OTERO e cos que o alumnado de 1º e 3º de Primaria tiveron a oportunidade de gozar e aprender á vez.  Grazas por todo, Pablo! 






E xa por último aquí tedes algúns dos avances do noso alumnado no UNIVERSO DIGICRAFT! 

Como sabedes, as nenas e nenos de 4º de Primaria siguen inmersos na aventura Digicraft e están  investigando e aprendendo moitas cousas sobre que é e como funciona a intelixencia artificial.
Neste caso, probaron como un tipo de intelixencia artificial é capaz de recoñecer cousas e clasificalas seguindo determinados criterios. 
A actividade tratou de mandar de volta distintos tipos de monstros ao seu planeta en función dunhas determinadas características físicas: forma, tipo de pelaxe, patas, tentáculos... Comenzaron cunhas personaxes que cumprían case todos os requisitos para volver ao seu planeta pero a cousa foise complicando e despois había que fixarse ben e ver cales tiñan máis rasgos comúns cos e coas súas "veciñas". 



Esta actividade axudoulles a entender o motivo da aparición de determinados anuncios cando navegan pola rede: o que buscamos nós ou o que máis se parece ás buscas que nós realizamos.

 Así que, tede olliño cando vos mergulledes na rede!




1 comentario:

Óscar Rey dijo...

😲😲😲😍👏👏👏