Bo día de novo, compañeir@s!
Como sabedes fomos un dos centros seleccionados este curso para formar parte do PROXECTO RADIO NA ESCOLA para integrantes do PLAMBE.
Durante este tempo estivémonos organizando e facendo a selección e a compra daqueles recursos técnicos e tecnolóxicos precisos para botar a andar a nosa emisora. Agora que xa está case montada... precisamos da vosa AXUDA e CREATIVIDADE!!
Que vos parece si entre tod@s atopamos un nome apropiado e con pegada para a nosa radio? Para isto convocamos un concurso! Animádevos a participar! Podedes entregar as vosas propostas nos buzóns das clases ou en bibliocervo.2@gmail.com. PRAZO: ata o 10 de abril de 2021.
Tamén estivemos xestionando a FORMACIÓN para os meus e as miñas axudantes, o alumnado de 5º e 6º de Primaria. E xa podemos anunciar que se levará a cabo o vindeiro 15 de abril da man de pontenasondas.org. Aprenderemos cómo funciona unha emisora, cómo crear un guion radiofónico e faremos o noso primeiro programa de radio! Estou emocionada e seguro que vós tamén!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario