Estimadas familias:
ANIMÁDESVOS A PARTICIPAR NUN NOVO CLUB DE LECTURA NO TERCEIRO TRIMESTRE?
Logo da grata experiencia que resultou o primeiro club de lectura realizado durante este trimestre, dende o equipo de biblioteca, queremos convidarvos a participar con nós nun novo CLUB DE LECTURA EN LIÑA; que se desenvolverá semanalmente, os luns de 19:30 a 20:30. Este horario é flexible.
O club estará guiado por Esther, membro do Equipo de biblioteca, e profundarase sobre un dos seguintes libros que vós mesmas escolleredes.
• “Rewind” de Juan Tallón
• “Virtudes (e Misterios) de Xesús Fraga
• “Beleza Vermella” de Arantza Portabales
• “Os mortos daquel verán” de Carlos Casares
• “ La puerta” de Manel Loureiro
Unha vez saibamos os participantes concretarase o libro elixido, na primeira sesión, tendo en conta as vosas opinións sobre eles e o interese da maioría.
Esa primeira sesión, para a elección do libro, será por videoxuntanza o luns, 12 de abril de 2021 de 19:30 a 20:30 e facilitarémosvos o acceso á sala do club, por correo electrónico aos participantes.
Os/As participantes intentarán conseguir o libro de xeito autónomo a través das bibliotecas públicas o ou da súa biblioteca persoal. Se alguén tivera algún impedimento para facerse cun exemplar do libro só terá que comunicárnolo ao equipo de biblioteca a través do correo bibliocervo.2@gmail.com, do teléfono do colexio ou persoalmente.
Pode participar calquera adulto membro da nosa comunidade educativa que teña inquedanza pola lectura e pasar un anaco do seu tempo gozando dunha boa conversa sobre o libro elixido. Puca espera que vos animedes a participar nesta aventura!
O prazo para entregar a solicitude de participación será ata o venres, 26 de marzo de 2021. MODO DE ENTREGA: Por correo electrónico aos titores/as dos vosos fillos/as ou en formato papel a través dos nenos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario