8-M
Cada día temos unha nova oportunidade para seguir loitando e educando a prol da igualdade entre homes e mulleres, pero o 8 de marzo de cada curso aproveitamos para incidir máis, se cabe, neste feito posto que se conmemora o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Con motivo desta data creamos o seguinte Genially con información de interese para traballar nas clases e profundar no concepto de FEMINISMO e MICROMACHISMOS, sementando no alumnado o xerme da curiosidade e da necesidade de reflexionar sobre o mundo que nos rodea e o rol da muller e do home na nosa sociedade. Quixemos relacionalo coa SEMANA DA PRENSA e o tratamento que se fai da muller nalgúns medios e noticias dos xornais, especialmente os deportivos. Dentro desta presentación tedes algún exemplo, vós me diredes que opinades!
Ademais queremos ofrecervos a posibilidade de que ao longo do mes investiguedes sobre AS MULLERES GALEGAS NA HISTORIA, a través do seguinte PUCA QUERE SABER SOBRE... Ligazón ao pdf.
1 comentario:
💪💜💪💜
Publicar un comentario