23 mar 2021

QUE PASOU NO COLE DURANTE A SEMANA DA PRENSA?

 

 Este curso, como todos os anos, vimos de conmemorar no colexio a SEMANA DA PRENSA. Foron moitas as actividades que se fixeron no ámbito de actuación da alfabetización mediática e audiovisual posto que para nós éste é un dos campos de traballo prioritarios sobre os que incidir de maneira continuada no tempo. 

Así pois, dende unha perspectiva lúdica e motivadora para o noso alumnado profundamos sobre aspectos tan interesantes como a liberdade de prensa, as chamadas "fake news", as diferencias e similitudes no proceso de elaboración dunha noticia na televisión e na prensa escrita e outros moitos aspectos. 

Para todo isto contamos coa colaboración de grandes xornalistas, que se prestaron a axudarnos desinteresadamente e nos fixeron gozar coa súa presencia e participación. 

Non podemos máis que dar UN MILLEIRO DE GRAZAS a Ana Lorenzo Vivero, de RTVE, a Almudena de Urzáiz de TVG, a Laura Queijeiro de Informativos Tele5 e Nius Diario, a Martín G. Piñeiro de "El Progreso" e a Ramón González Rey do Xornal da Mariña. Todos eles compartiron o seu tempo con nós a través de videos, videoxuntanzas e visitas presenciais á nosa biblioteca e "sufriron" as incisivas preguntas do noso alumnado! 

TODOS UNS/UNHAS VALENTES! 

A continuación tedes algún exemplo gráfico destas xornadas e dalgunha sorpresiña que agardaba ao noso alumnado.












Ademais durante este mes tamén estamos a traballar como xornalistas e creando os nosos propios artigos sobre o proxecto deste curso " Coñecemos a Mariña Lucense e os Traballos da Nosa Xente", pero para coñecer os resultados teredes que esperar á publicación anual de "NIN QUITO NIN POÑO" no mes de xuño! 

Mentras tanto mostrámosvos un adelanto dos nosos progresos neste campo cun XORNAL DIXITAL moi especial que vén de crear o alumnado de 4º de Primaria e que se chama QUE PASOU EN MECANILANDIA? LIGAZÓN

 



 LÉDEO CON ATENCIÓN E VEREDES OS GRANDES XORNALISTAS QUE SON!

 

 

 


No hay comentarios: