Onte, 10 de maio, deu por rematado o segundo club de lectura de adultos, deste curso, promovido por Bibliocervo. Actividade que ten entre outros moitos obxectivos o de axudar a que a biblioteca sexa un motor cultural para a nosa Comunidade Educativa e compense desigualdades.
Queremos facervos chegar o noso agradecemento a tod@s e cada un dos participantes, posto que a vosa vontade, o voso ben facer e o voso gusto pola lectura dannos enerxía e novos folgos para proporvos, nun futuro cercano, mil e unha aventuras máis, que esperamos que vivades ao noso carón.
Expresamos tamén un GRAZAS, con maiúsculas, para o autor de “La Puerta”, Manel Loureiro, por participar desinteresadamente na nosa pequena xuntanza como Club de Lectura dun colexio pequeno e rural, pero grande en ilusións. Animámosvos a que crucedes “La Puerta” con Manel e a GOZAR DA LECTURA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario