Ola de novo, compañeir@s! Hoxe quería contarvos que de cara á conmemoración do DÍA DE EUROPA, o vindeiro nove de maio, queremos propoñervos unha nova ACTIVIDADE COLABORATIVA coas familias.
Nesta ocasión queremos propiciar o diálogo e a comunicación entre os membros das familias e entre os nosos veciños coa finalidade de que o noso alumnado aprenda das experiencias vitais da xente que o rodea.
Sabemos que a historia da nosa comarca está ligada ás historias persoais dos seus habitantes e nesta ocasión gustariamos de profundar sobre o concepto de EMIGRACIÓN, como PASADO e PRESENTE na nosa comarca. Aprendizaxes que, sen dúbida, enriquecerán o futuro do noso alumnado.
Por iso pedimos a vosa colaboración para a creación dun LIBRO COLABORATIVO sobre esta temática.
A continuación tedes a plantilla para realizar a actividade. Podedes enviala en papel ou formato dixital aos meus axudantes, titoras e titores, ata o 21 de maio. Animádevos a participar! En canto teñamos o libro publicitarémolo no blog!
Tamén vos queremos deixar algúns recursos para profundar sobre esta temática:1. Movementos migratorios ( IGE)
2. Escolas de Americanos en Galicia
3. Unha historia vital sobre a Emigración ( video)
4. Castelao: emigración e exilio
5. Catro historias de nen@s emigrantes actuais ( UNICEF)
6. Documental “A memoria viva” sobre o Centro Galego na Habana ( Cuba)
7. Documental “Fillas de Galícia”: dúas historias sobre a emigración
No hay comentarios:
Publicar un comentario