Como xa sabedes por entradas anteriores, o alumnado de 6º estivo levando a cabo durante este curso un Proxecto e-twinning con varios colexios de Turquía chamado "WORLD TALES IN OUR HOME", relacionado directamente coa Biblioteca e a través do cal o alumnado descubriu contos clásicos como Heidi, Peter Pan e as novelas de Julio Verne.
Así, por exemplo, o alumnado aprendeu que o libro de Peter Pan é unha novela cargada de frases feitas. Nestes breves vídeos explican algunha das que aparecen.
A última actividade que veñen de realizar foi un OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA, a través do cal tiveron que crear unha historia colaborativa entre os diferentes colexios participantes. Aquí vos queda o resultado deste fantástico TRABALLO COLABORATIVO:
Ademais tamén teredes a oportunidade de visualizar varios resumos do que deu de si este proxecto ao longo de todo o ano. Foi unha EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA que nos ABRE AO MUNDO E A NOVAS CULTURAS. Estamos desexando repetir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario