Ola de novo, benqueridas amigas e amigos! Como sabedes hoxe, 31 de maio, foi o meu ANIVERSARIO e gustoume moito celebralo con vós!
Nesta ocasión foi imposible xuntarnos tod@s para cantar a nosa canción, soplar as candeas e comer tarta, pero sei ben que o celebrastes igualmente, aínda que por grupiños. E sabedes por que o sei?
PORQUE VOS OÍN CANTAR! Siiiii, canto me gusta que me cantedes! Fixéstesme moi feliz e pasar un aniversario moi especial, a pesar desta pandemia que estamos desexando olvidar para poder volver a vernos, abrazarnos, rir xuntos e bailar!
Pero non desanimedes, con paciencia todo chega!
Xa sei que moitos queriades saber cantos anos cumpría este curso... Así que vos deixei un acertixo matemático para que o descubrirades vós mesmas! Espero que non fora moi difícil!
Ademais as miñas axudantes fixéronvos entrega duns pequenos agasalliños e máis dos DIPLOMAS DOS CLUBS DE LECTURA E AOS DEVORADORES E DEVORADORAS DE LIBROS deste curso! Que ilusión!
Grazas por gozar día a día coa lectura.
NON HAI MELLOR AVENTURA QUE UN LIBRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario