22 jun 2021

O CURSO CHEGA AO SEU FIN

 Benquerid@s, compañeir@s. Este curso está a piques de chegar ao seu fin, como xa sabedes! 

Foi un ano complexo no que tivemos que enfrontarnos a unha manchea de retos, pero ao final superámolo xuntos e gozamos de Mil e Unha Aventuras. 

Aquí queremos deixarvos unha pequena mostra das NOSAS ÚLTIMAS ANDAINAS: 

A) Aproveitamos os últimos días para seguir coñecendo a nosa contorna. Así o alumnado de Infantil, 1º e 2º visitaron o “Cabaliño de Pao” un centro ecuestre que temos ao carón do cole, e pola súa banda os nenos e nenas de 3º e 4º tivo a oportunidade de facer un roteiro guiado polo Río Xunco. Empregaron todo o material preciso para medir a profundidade do río, controlar a temperatura e o PH, observar a fauna e a flora autóctona e moitas máis cousas. 




B) O alumnado de 6º foi á praia de Esteiro ( Xove) para realizar unha actividade de iniciación ao Surf e moi ben o pasaron! 



C) Ademais e como non podía ser doutra maneira … celebramos o tan esperado Festival de fin de curso! Este curso adicado á XERACIÓN Z, con música da década dos 2000. A pesar das especiais medidas de precaución e limitacións deste curso podemos decir que foi todo un éxito! Grazas por todo o voso empeño e ilusión!!! Nos próximos días, a través das titorías poderedes ver documentos gráficos do evento! Aquí tedes unha pequena mostra: 





D) Xa para rematar queremos compartir con vós o Xornal “NIN QUITO NIN POÑO” deste curso tan atípico, pero tan especial. Se premedes na ligazón ( imaxe) teredes acceso á descarga: 


Coa súa lectura faredes un percorrido ao longo do Proxecto que se desenvolveu durante o curso e moitas das actividades que se foron realizando. 

Dentro do xornal tedes unhas Recomendacións Lectoras ben interesantes para esta tempada. Non deixedes de botarlles un ollo! 





E boas vacacións amig@s, descansade moito e vémonos en setembro!! 

No hay comentarios: