Como sabedes o noso cole forma parte da Microrrede da Mariña de centros PLAMBE dende hai xa moitos anos.
Entre todos os colexios e institutos que a integramos tecemos redes que nos achegan uns a outros e nos permiten aprender das diferencias.
Cada ano organízase unha EXPOSICIÓN CONXUNTA en Viveiro para mostrarvos os produtos finais e os traballos colaborativos do noso alumnado e das familias. Nesta ocasión, debido á COVID-19, esta exposición será VIRTUAL, pero dende logo conxunta! Porque o espíritu de colaboración non fixo máis que aumentar ante a adversidade!
A continuación tedes unha ligazón para unha presentación, que nos achega o CEIP de Celeiro. A través dela poderemos entrar a coñecer as realidades e os Proxectos de traballo de moitas institucións educativas da Mariña Lucense, de moi diversas etapas educativas e das que aprenderemos sen dúbida, moitísimo.
Noraboa, compañeir@s, por tan bo traballo! Puca está abraiada e moi feliz por participar nesta andaina!
Queremos darlle tamén as grazas á autora do debuxo do cartel anunciador da exposición. É unha verdadeira artista!
Autora do debuxo: Lidiana de Pina Sanches, 3º ESO do IES Perdouro @lidi._.4 en Instagram.
No hay comentarios:
Publicar un comentario