1 nov 2014

UNHA BIBLIO DE MEDO!!

Durante todo o mes de outubro a biblioteca fixo propostas de actividades moi variadas, todas relacionadas co MEDOOOOOOO e co Samaín:
 Houbo obradorios de cociña para preparar trufas, cabazas mandarinas e caras draculinas. As nenas e nenos leron na biblioteca as súas creacións para o gran festival de rimas e poemas de MEDOOOOOO. Decoramos as portas de MEDOOOOOO. 
 Nos recreos visonamos episodios da Familia Adams. 
Contáronse contos de MEDOOOOO  e como novidade, este curso PUCA propúxonos que fixéramos  un pequeno MILLADOIRO nunha encrucillada do patio.  Como non sabiamos moito desta antiga tradición, tivemos que documentarnos e informarnos da importancia das pedras na cultura galega. Despois pintamos a nosa pedra cos desexos para o resto do curso e depositámola arredor dun pequeno castiñeiro.
 Pouco a pouco o  MILLADOIRO irá medrandO, igual que os nosos desexos e ilusións!
Temos un montón de fotos de todas estas actividades, así que paciencia e agardade a que carguen!!!!

No hay comentarios: