13 oct 2014

UN MES DE MEDO EN BIBLIOCERVO

 


Durante o mes de Outubro traballamos na biblioteca arredor do tema do MEDO con: exposición de fondos, libros, películas, traballos de cursos anteriores, decoración da biblioteca, das portas das aula, visionado da peli A Familia Addams...E como novidades temos dúas propostas para as aulas: un concurso de rimas e pareados de medo e a outra a realización dun milladoiro no patio do colexio con pedras pintadas cos medos do alumnado.Aproveitaremos esta actividade para afondar nos ritos e crenzas do Samaín, entre os que se atopan os AMILLADOIROS. 
Para que vos vaiades animando, deixámosvos esta presentación e unha breve información que elaboramos con toda a recompilada.
Agardamos que o tema esperte o voso interese e participedes tod@s!


No hay comentarios: