18 feb 2009

LEMBRANZAS

Xa sabedes que estamos preparando o 25 aniversario do colexio e PUCA, a nosa mascota da biblioteca, andivo remexendo nun armario que hai alí e atopou gardados nunha caixa que poñía "Animación á lectura", uns traballos que queremos mostrar. Algúns teñen datas, ¡ xa choveu! do 1992! Outros son máis recentes...
Puxeramoslles o nome de " Fichas de animación á lectura" daquela que aínda non había plans lectores, nin plans de mellora das bibliotecas...E aínda conservamos o bó hábito de seguir facéndoas e mostrándoas no recuncho que está na entrada da biblioteca.
Queremos ensañárvolas para traer ao recordo momentos relacionados coa biblioteca, cos libros, coa lectura.
Entre as antiguas alumnas e alumnos do cole alguén se recordará da saga de "O pequeno vampiro", outros serán da xeración de O zoo do Pitus, os do curso no que leramos El gran gigante bonachón lembrarán os momentos divertidos que pasamos cos " gasipún e popotraques", con Matilda ou con Manolito Gafotas,con Marcelo Crecepelos,A vaca titiriteira, El abrazo del Nilo...e tantos outros que nos fixeron pasar tan bos momentos.
A PUCA, a nosa mascota, e a todos os que actualmente traballamos no equipo da biblioteca, gustaríanos moito recibir as vosas impresións e recordos sobre a biblioteca da vosa etapa escolar, sobre os libros de lectura, etc. Así que vos animamos a que enviedes as opinións a este correo pedrouzo1@gmail.com ou que deixedes os comentarios nesta entrada do blog.
Entre todas e todos reconstruiremos... senón os 25 anos transcurridos, síunha boa parte deles.
Un saúdo e grazas por colaborar.

1 comentario:

Silvia L. Ben dijo...

A verdade é que si evocan gratos recordos as fichas de animación á lectura! Malia que non teño boa memoria, lémbrome con moito cariño da ansia coa que devorabamos libros da biblioteca escolar e do esmero que poñíamos na elaboración das fichas de lectura. Con esta mensaxe gustaríame animar a todos os mestres do CEIP de Cervo e, en especial, á responsable da biblioteca a continuar con este encomiable labor de animación á lectura, co mesmo espírito de hai 25 anos. Noraboa! e que cumprades moitos máis!