17 feb. 2009

POEMA DO ENTROIDO

Como xa vos anunciabamos, estamos celebrando o Entroido cun montón de divertidas e variadas actividades, entre elas as gastronómicas. Hoxe, os de infantil e 1º ciclo fixeron un obradoiro de cociña para preparar postres destas datas. No 2º ciclo estamos recopilando receitas do Entroido coas que elaboraremos un libro. E para ir facendo boca, aí vai un poemiña para ler e aprender:
O ENTROIDO
Baila, baila
coa túa carauta
baila,baila
Entroido lambón.
Come filloas
non deixes ningunha
come filloas
Entroido lambón.

No hay comentarios: