Tamén falou que sacara a idea de PALABRAS DE CARAMELO porque un día Fatimetsu preguntoulle se os cameliños falaban.
Moitos nenos preguntaban que como se entendía con ela e el dicía que en lingua de sinos. A nós parecíanos que era a linguaxe de signos reglamentaria, pero en realidade era inventada por Fatimetsu.
El fai moitas viaxese extrae a materia prima para escribir, tarefa á que se adica xa fai ao redor de vinte anos.
Chegado á literatura infantil case polo azar, agora declárase comprometido con ela, para lograr facer lectores sólidos, para que non perdamos nunca o que se chama " O DON DA LECTURA".
Na nosa biblioteca temos estes libros seus: PALABRAS DE CARAMELO, que lemos en 5º e 6º curso, MAITO PANDURO, LILI LIBERTAD, SOY UN CABALLO (lido en 4º curso), LOS CABALLOS DE MI TÍO, EL OSO QUE LEÍA NIÑOS ( que leron en 3º curso), LOS GIGANTES DE LA LUNA E CAMA E CONTO, que nos trouxo de agasallo recén publicado.
Adicounos algúns cunhas fermosas palabras e nós para despedirnos escribimos esta poesía que dixo Caramelo e que escribiu Kori, protagonistas do libro:
Non chores porque a vida se acabe,
pensa que vivimos...
Eu acéptoo
voume coa túa lembranza
aos pasteiros do ceo...
E mentras ti vivas,
Eu sempre estarei contigo.
Ti aínda non entendes,
pero cando a noite te alcance,
entenderalo tamén,
pequeno Kori, o ,eu único amigo...
1 comentario:
Que fermoso
Publicar un comentario