3 jun 2012

1 DE XUÑO, DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA


Hipólito Xeada, Aina Noguera, Xoan Guerreiro e Mauro Leivas 




Por fin chegou o día! O 1 de xuño queríamos celebralo  lembrando o nacemento de  Luís Seoane, artista moi relacionado coa Cerámica de Sargadelos que temos aí,  ao ladiño do colexio.

Xa estabamos impacientes por ter connosco aos autores das pinturas  expostas non noso peculiar museo. Á cita acudiron Hipólito Xeada, Xoán Guerreiro, Aina Noguera e Mauro Leivas, os cales depois de visitar o colexio iniciaron o deseño  dous dous cadros que pintaron. Nun abrir e pechar de ollos puxéronse de acordo e no que eu acendía  a cámara de fotos, xa eles o tiñan feito. Logo foron enchendo de cor, mesturando, probando, cada un poñendo as súas pinceladas, correxindo o que facían os demais... pouco a pouco ás obras estaban rematadas! Velaí tedes vos resultados: espectaculares. Como espectacular foi o  ben que o pasamos todos: o público gozando véndoos  pintar e eles gozando por compartir a súa arte con todos, nenos e nenas, pais, nais, profes...


Unha vez rematado o traballo, o alumnado  fíxolles as preguntas que tiña preparadas e finalmente o colexio entregoulles a  figura representativa en sinal de agradecemento pola súa colaboración, xa que  grazas eles este primeiro DÍA da ARTE GALEGA na ESCOLA convertíuse nun día inesquencible para todos porque  foi un privilexio poder gozar da boa harmonía e do bo facer destes grandes artistas que nos rodean! Unha vez máis, moitas grazas a todos, tamén aos que non poideron vir!


Houbo algunha biblioteca que se sumou a proposta de celebrar este día, como por exemplo a do Ceip de Covas en Viveiro, onde pintaron uns bocetos  de Seoane que lles  fixeron antigas alumnas que están estudiando Bellas Artes. Deixovos o enlace para que vexades as súas actividades, premede AQUÍ para velas

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Que luxo ter a catro "ARTISTAS" de categoría.
Morro de envexa.
María dende Viveiro

BIBLIOCERVO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
BIBLIOCERVO dijo...

A verdade é que foi todo un luxo que lembraremos cando sexamos "vellos"...
Unha aperta da outra María, dende Cervo

Encarna dijo...

Parabéns pola organización deste día. Paréceme unha estupenda idea, nós sumarémonos o curso que ven. Traballaremos nun proxecto sobre pintores galegos, o primeiro trimestre adicarémolo á obra de Leandro Lamas, que vive nun concello moi preto do noso. Moitas grazas por esta iniciativa.
Encarna/CEIP Andrade