Por fin chegou o día! O 1 de xuño queríamos celebralo
lembrando o nacemento de Luís Seoane, artista moi relacionado coa
Cerámica de Sargadelos que temos aí, ao
ladiño do colexio.
Xa estabamos impacientes por ter connosco aos autores das pinturas expostas non noso peculiar museo. Á cita acudiron Hipólito Xeada, Xoán Guerreiro, Aina Noguera e Mauro Leivas, os cales depois de visitar o colexio iniciaron o deseño dous dous cadros que
pintaron. Nun abrir e pechar de ollos puxéronse de acordo e no
que eu acendía a cámara de fotos, xa eles o tiñan feito. Logo foron enchendo de cor, mesturando,
probando, cada un poñendo as súas pinceladas, correxindo o que facían os demais... pouco a pouco ás obras estaban rematadas! Velaí tedes vos
resultados: espectaculares. Como espectacular foi o ben que o pasamos todos: o público
gozando véndoos pintar e eles gozando
por compartir a súa arte con todos, nenos e nenas, pais, nais, profes...
Unha vez
rematado o traballo, o
alumnado fíxolles as
preguntas que tiña preparadas e finalmente o colexio entregoulles a figura
representativa en sinal de agradecemento pola súa colaboración, xa que grazas a eles este primeiro DÍA da
ARTE GALEGA na ESCOLA convertíuse nun día inesquencible para
todos porque foi un privilexio poder
gozar da boa harmonía e do bo facer destes grandes
artistas que nos rodean! Unha vez máis, moitas grazas a
todos, tamén aos que non poideron vir!
Houbo algunha biblioteca que se sumou a proposta de celebrar este día, como por exemplo a do Ceip de Covas en Viveiro, onde pintaron uns bocetos de Seoane que lles fixeron antigas alumnas que están estudiando Bellas Artes. Deixovos o enlace para que vexades as súas actividades, premede AQUÍ para velas
Houbo algunha biblioteca que se sumou a proposta de celebrar este día, como por exemplo a do Ceip de Covas en Viveiro, onde pintaron uns bocetos de Seoane que lles fixeron antigas alumnas que están estudiando Bellas Artes. Deixovos o enlace para que vexades as súas actividades, premede AQUÍ para velas
4 comentarios:
Que luxo ter a catro "ARTISTAS" de categoría.
Morro de envexa.
María dende Viveiro
A verdade é que foi todo un luxo que lembraremos cando sexamos "vellos"...
Unha aperta da outra María, dende Cervo
Parabéns pola organización deste día. Paréceme unha estupenda idea, nós sumarémonos o curso que ven. Traballaremos nun proxecto sobre pintores galegos, o primeiro trimestre adicarémolo á obra de Leandro Lamas, que vive nun concello moi preto do noso. Moitas grazas por esta iniciativa.
Encarna/CEIP Andrade
Publicar un comentario