Para
animarnos a participar no Día da Arte Galega o deseñador da Cerámica de
Sargadelos, Xosé Blanco, fíxonos este fermoso traballo, que nos invita, aos que
nos gustaría que a plástica fose unha actividade que impregnara tódalas
actividades dun centro educativo, a traballar
dun xeito onde se de renda solta
á creatividade e a imaxinación do noso alumnado, a que o día 1 de xuño de
tódolos anos, conmemoremos o nacemento dun grande artista como foi LUIS SEOANE,
facendo actividades sobre distintas técnicas pictóricas, distintos autores,
outras artes plásticas como a escultura, arquitectura, artesanía,... e en
definitiva, se é posible, extender este día a tódolos días do curso escolar.
Aproveitamos
para agradecer a Xosé Blanco, toda a súa colaboración co noso centro facendo
este fermoso cartel, cos seus mosaicos, os cartaces de Voz Natura, a decoración
do parque infantil e do invernadoiro, e tantos e tantos traballos, que o
colexio parece unha extensión da súa obra.
1 comentario:
Que cartaz tan bonito!!! Encántame!
Parabéns!!
Publicar un comentario