15 ene 2013

A LAGOA DAS NENAS MUDAS - Mar García

A LAGOA DAS NENAS MUDAS  é un dos libros que forma parte do ITINERARIO  LECTOR  pensado para os nenos e nenas de 6º curso. Mar acaba de lelo e gustoulle tanto que elaborou esta fantástica  " ficha de animación á lectura". Como vedes, empregou diversos materiais: cartón fieltro, papel, algodón e ata debuxos orixinais e ademais redactou o resumo do libro para que nos animemos a lelo. Pero mellor que contalo, é que o vexades  nestas imaxes! Moitas grazas, Mar, por tan estupendo traballo!




1 comentario:

Anónimo dijo...

Gústame moito este traballo, Mar, imaxino que lle adicache moito tempo, pero xa ves que do esforzo e do traballo sae todo. Norabos e moitas grazas por compartir esta obra!
PUCA