20 ene 2013

PREPARÁNDONOS PARA A PAZ

Está próximo o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, que como sabedes celébrase o 30 deste mes, lembrando o aniversario da morte de Gandhi e que este ano fai 65 que morreu. 
No cole, como xa é habitual, imos conmemorar esta data durante a última semana de xaneiro con diversas actividades na aula e na biblioteca: exposición de fondos bibliográficos, caderniños de investigación, unidades didácticas nas aulas, saúdos diferentes, cada día segundo un país ou cultura diferente: o luns saudarémonos coma os indios, o martes coma os xaponeses, o mércores con tres bicos coma os franceses, o xoves coma os africanos e o venres coma os esquimós.
Tamén participaremos por 2º vez, na CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE  cos nenos de SAHEL, que organiza unha ONG. Investigaremos sobre esta zona africana inmersa nunha gran crise alimentaria, pero para que todos vos vaiades sensibilizando do gran problema que están a padecer as nenas e nenos deste lugar, mirade este vídeo!


O equipo da biblioteca quere propoñer un reto ao alumnado que pode resolver individualmente ou en parella. Trátase de resolver  unhas preguntas relacionadas con este tema, para o que poden consultar os libros da biblio, empregar os ordenadores, etc.
E xa  para rematar, repartiremos este  folleto ás familias con LECTURAS PARA A PAZ

                                              


 Queremos lembrarvos que no blog temos recompilados recursos de todo tipo sobre VALORES, COEDUCACIÓN E A PAZ, que podedes ver premendo nunha  imaxe igual a esta que atoparedes no lado da dereita.



No hay comentarios: