12 nov 2013

UNHA PEZA ÚNICA EN NOIA


No cole estamos de noraboa … unha vez máis podemos contarvos novas relacionadas coas nosas pezas únicas!
A escritora Lola Arxóns Álvarez escribiunos unha fermosa mensaxe explicando como o poema de Helena chegou ata Noia...
 Queridos amigos:
Este fermoso poema de Helena Fojo chegou ás miñas mans como agasallo xunto co libro do marabilloso poeta Manuel  Álvarez Torneiro.
Dicídelle a Helena que o seu poema vai estar moi a gusto co seu destino de viaxeiro, porque a partir de agora vivirá en Noia (A Coruña), ao carón das obras de grandes poetas que naceron aquí (Ávilés de Taramancos, María Mariño... ) e onde moitas persoas que amamos a poesía, coidamos ben dos nosos escritores.
Os meus parabéns a Helena e a todo o EDNL que levou adiante esta fermosísima iniciativa.
Moitas grazas polo voso traballo. Moito ánimo, a nosa lingua precisa de vós!
Unha aperta,
Lola Arxóns Álvarez
Que ben nos sentimos ao ler estas fermosas verbas!!! Dámoslle as grazas a Lola e enviámoslle un bico xigante de parte de Helena...
... As nosas pezas únicas están atopando uns fogares ben fermosos!!!


No hay comentarios: