10 nov 2013

UNHA CLASE DE CIENCIAS MOI DIVERTIDA!






 O día 6 pola tarde todos os cursos de primaria fixeron a posta en común dos traballos realizados para o Día da Ciencia. Un pouco nerviosos algúns, explicáronlles aos compañeiros e compañeiras as actividades que fixeron e os traballos  que fixeron: balanzas, móbiles de outono, móbiles con corpos xeométricos, pratos decorados con modelos de Sargadelos, cúpulas xeodésicas...
Logo houbo a entrega de premios que IGACIENCIA concedeu por participar no IV Día da Ciencia en Galego: unha bolsa con libros para cada clase! E para rematar, as imaxes da presentación que se visualizou en Lugo cos traballos de todo o colexio.

No hay comentarios: