10 abr 2014
A DESPENSA DAS LECTURAS: RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Maite, de 5º curso, estrea esta nova sección do blog coa recomendación dun libro que elixiu do expositor dedicado ao proxecto deste curso: A DESPENSA DAS LECTURAS.
Trátase do libro Bocadillos e Sándwichs, da colección Cociña infantil e familiar, da Ed. Ouvirmos. Maite di del o seguinte:
"Estas receitas son unha opción fácil, nutritiva, deliciosa, divertida e creativa para compartir en festas, aniversarios ou para levar á praia, á piscina, á escola, de merenda, excursións, etc."
Pois xa sabedes, podedes vir pola biblioteca para ver as súas receitas ou ao mellor tedes a sorte de que vaia na vosa mochila viaxeira.
Cal será a próxima recomendación? Atentos ás entradas do blog!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario