24 oct 2014

LECTURAS, MÚSICA E CINE NA BIBLIOTECA

 En Bibliocervo lembramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS cunha xuntanza nela para ver unhas curtas: O home orquesta, Mafalda vai á escola ,O neno come libros e a historia de William Kamkwamba ou como sobrevivir grazas a información obtida dos libros. 
Repartíronse uns folletos para as familias sobre como organizar a biblioteca dos nenos e nenas na casa. Tamén tiñamos uns marcapáxinas co lema do proxecto CÁNTAME UN CONTO e un libriño dos Bolechas onde nos contan a súa viaxe á Mariña Lucense que nos deu o Concello de Cervo para todo o alumnado do colexio.
Do interesante e entretido que estivo este día, da boa conta esta presentación de fotos! 
Boas lecturas para todos!

No hay comentarios: