Chegadas estas datas, finais de maio e última tarde de clase pola tarde, celebramos o cumple de Puca. Este curso cumpliu 8 anos que está EN BIBLIOCERVO, mantendo a ilusión e a maxia das nenas e nenos que tantísimo a queren, animándoos a que lean moito e a visiten na biblioteca.
A festa de Puca serve para poñer punto final ás actividades da biblio por este curso (aínda temos algunha pendente...) e para entregar os diplomas aos devoradores e devoradoras de libros, que son os que máis leron de cada clase.
Este ano os agasallos foron especiais e moi relacionados cos proxectos que se traballan na biblio. A ANPA regaloulle un traxe de rockera polo tema da música e outro de directora de cine para que o vindeiro curso nos dirixa ben.
O cole, pola súa parte, agasallouna coa actuación dun grupo de corda da Escola de Música de Burela que interpretou algunhas pezas súas e logo un arranxo musical que fixo o seu director, Xan Carballal, da canción de Puca. Ao final cantámola xuntos e rematamos a tarde comendo tarta de chocolate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario