A exposición do REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO está a piques de rematar, hoxe é a clausura! O balance de actividades e visitas é altamente positivo. O noso cole fixo onte a súa actuación.Un grupiño de nenas e un neno, explicou e cantou regueifas diante dun público moi numeroso e atento. Tamén levaron unha regueifa ou bolo de pan adornado, para mostrar en que consistía. Logo quedouse Puca con ela, lembrando que a regueifa era para bailar a noiva con ela na cabeza, antes de repartila entre os invitados da voda.
Subimos os vídeos das actuacións para compartilas con vós e vexades o ben que o fixeron!!!
Dende o Equipo da Biblioteca queremos agradecerlles a súa participación e tamén a axuda que nos prestou Chus, unha mamá do colexio da Asociación Cultural de Cervo AIRIÑOS DO XUNCO! Sen ela isto non sería posible, un feixe de apertas!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario