Esta semana iníciase en Viverio a exposición de traballos dos centros que integran a Microrrede de bibliotecas de A Mariña. Este curso a temática elixida foi a dos refráns e leva por título " O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO". No Colexio tivemos expostos os refráns e logo elaboramos un gran acordeón con todos eles, cunha portada e contraportada moi, pero que moi fermosas: con Puca ao inicio e ao final do percorrido refraneiro e o nome dos pobos participantes.
A inauguración será o martes 12 e a clausura o venres 15. Todos os días haberá actuacións dos centros participantes, o xoves correspóndelle ao noso cole. Un grupiño de nenas e nenos cantarán unhas regueifas e aproveitarán para explicar o que son e o traballo que se fixo en torno a elas.
Agardámosvos en Viveiro para escoitar as nosas regueifeiras!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario