13 oct 2015

BENVIDOS Á BIBLIOTECA!!

O pasado martes 6 de outubro  xuntámonos na biblioteca por primeira vez, neste curso. Na primeira sesión acudimos todo o alumnado de Ed. Primaria e na segunda, o de Ed. Infantil.
Puca e o seu equipo tiñanos preparadas as mochilas viaxeiras, a caixa cos itinerarios lectores, os pasaportes lectores, os carnés do alumnado novo. Tamén visionamos os vídeos das actividades do curso pasado e do Festival de Fin de Curso. Gustáronnos moito e pasámolo xenial lembrando as actividades do proxecto CÁNTAME UN CONTO.
Como sabiamos as cancións todas do musical Grease, de Magín Blanco, de Pesdelán...Non podiamos evitar cantalas!!!! Foi un curso xenial e este non será  menos, por que ... vai ser de

PELÍCULA!!


INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

No hay comentarios: