14 oct 2015

PROXECTO 3,2,1 ACCIÓN! UN COLEXIO DE PELÍCULA!

Xa anunciamos neste blog que o proxecto do actual curso ten como eixo central o cine  e titulámolo
PROXECTO 3,2,1 ACCIÓN! 
UN COLEXIO  DE PELÍCULA

En torno ao cine xiran as propostas  da biblioteca e no colexio xa se empeza a notar certa "acción". Por exemplo, o mes de outubro é o mes do MEDOOOOO e vaise traballar a partir de diferentes propostas didácticas sobre películas infantiles de medo. 
Ao mesmo tempo, sen esquecer a tradición oral, estamos traballando as lendas,  nunha actividade que chamamos LENDAS DE PELÍCULA que rematará cun festival de lendas para presentar o traballo "cinematográfico"que cada clase realice sobre a lenda elixida. 
Para  ter todo ben á man, estamos creando  unha páxina de recursos co fin de centralizar os materiais que imos elaborando e os que recompilamos de internet. Accedemos a esta páxina dende o blog, premendo nesta imaxe que atopamos no lado dereito do mesmo. 


Seguiremos informando das actividades de película!!!!

No hay comentarios: