Con motivo da conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, cada 24 de outubro, realizamos no noso colexio unha gran xuntanza con moitas actividades para todos e todas.
Como cada ano, o noso obxectivo é contribuir a impulsar e favorecer a protección das BIBLIOTECAS e dos tesouros que gardan.
Os mestres, pais, nais, alumnos e alumnas temos en conta que a nosa BIBLIOTECA constitúe un pilar básico, non só como apoio ao proceso de ensino- aprendizaxe, senón principalmente para o desenvolvemento sociocultural da nosa Comunidade Educativa
A continuación tedes un tríptico informativo a través do cal poderedes disfrutar dun marabilloso relato da escritora Laura Gallego, que ilustra moi ben o verdadeiro valor das bibliotecas e da lectura.
Aproveitaremos tamén para introducir ao alumnado no mundo do cine e na súa historia, como punto de partida para o “ano de película” que nos espera!
E PUCA creo que ten preparada algunha sorpresiña máis… quizais un agasallo?
Recorda, o venres 23 de outubro esperámoste na Biblio!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario