Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha gran xuntanza nela, e como a nosa é unha biblioteca de película, atopámonos coa sorpresa de ver a Puca, vestida de director/a de cine!! Claro, como o proxecto anual vai sobre o cine... Puca tamén quere participar e seguro que se revela como unha gran artista.Para ir comenzando, visualizamos unhas curtas sobre a historia do cine e a primeira película dos irmáns Lumiere.
Unhas nenas e nenos de 6º leron un fermoso relato da escritora Laura Gallego que ilustra moi ben o verdadeiro valor das bibliotecas.
Para rematar, cada encargado de clase recibiu un sobre cunhas fermosas chapas de Puca, vestida co traxe do proxecto do curso pasado Cántame un conto.
Gracias, Puca, por este agasallo que luciremos todo o cole con moita fachenda!!!!
E o xoves 29, vémonos outra vez no...
GRAN FESTIVAL DE LENDAS
Non vos esquezades. Será despois do recreo!!
E pola tarde...
OBRADOIRO DE MERENDAS MONSTRUOSAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario