30 may 2018

ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN DENTRO DO PROXECTO VOZ NATURA



O Proxecto Voz Natura deste curso tivo como tema central o patrimonio cultural do Concello de Cervo. Para coñecelo mellor, pedímoslle colaboración á comunidade escolar co obxectivo de  localizar algún resto de importancia no entorno do colexio e das vivendas. Ao mesmo tempo, localizáronse lugares ou restos xa inventariados por patrimonio que poderemos visitar e contribuír ao seu mantemento.


Elaboráronse unha fichas de recollida de datos parecidas ás do inventario patrimonial da nosa comunidade autónoma, que as familias cubriron unha vez localizado o e identificado o BEN.
Atopáronse cruceiros, lavadoiros, castros, mámoas, petroglifos, muíños de man...
Os traballos recibidos espuxéronse no colexio e logo encadernáronse nun libro para así poder conservar e dar a coñecer o noso PATRIMONIO CULTURAL.

Grazas as familias pola súa colaboración!




No hay comentarios: