25 may 2018

O EMOCIONARIO VIAXEIRO DESPÍDESE DA MARIÑA




O Emocionario Viaxeiro é unha actividade cooperativa organizada por dúas compañeiras do CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos, e que se iniciou o pasado curso 2016/2017. Consiste en traballar a educación emocional a través da expresión plástica e encher unha caixiña viaxeira de ilustracións relacionadas coas emocións (alegría, medo, calma, tristeza, sorpresa...).
A nosa escola acolleu a caixiña este curso pechando a súa andaina pola Mariña Lucense (logo de facer parada en Viveiro, O Vicedo, Celeiro, Covas...). Agora chegou ao seu novo destino, o CEE María Mariño de A Coruña que de seguro gozarán dos traballos que xa forman parte do emocionario e incluirán creacións fermosísimas e cheas de emocións!.
Nas fotos podedes ver a nosa contribución á actividade e a chegada do emocionario á biblioteca de Raspita... por certo Raspita, Puca mándache moitos bicos e apertas, está encantada de coñecerte!!!


No hay comentarios: