O venres 23 de marzo, os nenos e nenas da Aula de 4 anos,
convidaron aos seus compañeiros/as das outras aulas de Infantil a un recital de
poesía na Biblioteca do centro. Todos os poemas foron traballados ao longo do
Segundo Trimestre:
- A Branca Pomba (Día da Paz)
- O Señor Inverno (estación do ano)
- Cando Chega o Inverno (estación do ano)
- Dous poemas de Rosalía de Castro (conmemoración do
Día de Rosalía)
Os nenos e nenas de 4 anos que participaron no recital
foron: Leire, Roi, Antía, Amelia, Aarón e Teo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario