6 jun 2018

PARABENS A NOSA MASCOTA, 11 ANOS CON NÓS!!



O pasado 31 de maio, último día de clases pola tarde, celebramos o 11 aniversario da nosa mascota PUCA. Ese é un día moi especial para nós, porque a Puca témoslle moito cariño e facémoslle unha festa por todo o alto, sobre todo este curso, que cumple 11 anos na nosa biblioteca!
Primeiro xuntámonos na biblioteca para ver o NOTICIARIO CERVO ALÉN DE EUROPA, despois fixemos a entrega de diplomas aos devoradores e devoradoras de libros, entregamos as novas chapas de Puca vestida co traxe tradicional galego de cotío. Por último cantámoslle a súa canción e os de tres anos sopraron as velas e por fin...COMEMOS A TORTA, que este ano nos fixo  Hostalería IES de Foz,en colaboración co Erasmus + do noso cole.




 Moitas grazas a toda a xente e institucións que colaboran con nós e PARABENS  a nosa Puca, a seguir cumplindo moitos máis!!

No hay comentarios: