8 dic 2018

POSTA EN COMÚN DOS PROXECTOS DO MES DA CIENCIA


Novembro é para nós, o MES DA CIENCIA porque durante todo este mes as aulas ferven de actividade científica, dende 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria. E despois dun mes de intenso traballo de investigación, observación, formulación de hipóteses, elaboración de proxectos maker...chegou o momento da posta en común, na biblioteca e para todo o colexio. Que nervios! 



Na biblioteca espuxéronse  os traballos realizados:  máquinas de sumar, máquinas de numeración, murais de criptografía , folerpas de neve con diferentes  formas xeométricas e todo o elaborado polo alumnado de 5º e 6º nas semanas STEM de Santiago de Compostela: placas led, hábitats, foguetes espaciais, traxes para viaxar a Marte, microscopios, obxectos feitos coa impresora 3D... 



Os máis pequeniños do cole experimentaron con auga e diferentes obxectos coma Arquímedes,  para comprobar cales  se afundían e cales flotaban e  cubriron unha táboa poñendo gomets para recoller a información. Ao final  pronunciaron  aquela famosa frase  do científico Arquímides:
 " EUREKA" 

ou dixeron

"REBECA"
Ben... o importante foi que entenderon o principio da flotación!!

No hay comentarios: